Crónica 2ª Proba do Circuito Galego Open xuvenil de Bodyboard O Faro

0
722

O pasado domingo día 24  de Novembro, levouse a cabo na Praia do Faro no Concello de Carnota, a proba aprazada de bodyboard open  e sub 18 do Circuito Galego.

As condicions foron boas  durante toda a xornada con ondas que non superaban o metro, dende a FGS queremos dar as gracias a todos os bodyboarders que fixeron posible a proba grazas a sua predisposicion e animo á hora de competir.

A proba foi un éxito,  xa que serviu para reunir os mellores  bodyboaders  galegos, e celebrar a volta a competición de Cristian Pérez,  bodyboarder que gañou con moita autoridade.

Para terminar a tempada queda por realizar a 3ª proba open e xuvenil do circuito en Praia de Valcobo (Arteixo). En breve se informará das previsions de ondas e posibles datas a través da web oficial da FGS www.fgsurf.org

Xa podedes ver o video da proba open de bodyboard en Faro (Carnota) a través de Vimeo da Federación. Pincha aquí para ver o video.

Agradecer a TSP, Cocacola, Tres60, Concello de Carnota  e a moitos máis polo seu apoio o bodyboard galego. Os resultados foron os seguintes:

Sub18 Masculino:
1. Samuel Martinez (Porto do Son)
2. Juan Sande (Ferrol)
3. Rafa Melero (Ferrol)
4. Carlos Megino (Nigrán)

Open Masculino:
1. Cristian Perez (Vigo)
2. Nicolás Nieto (Noia)
3. Andrés Manso (Ferrol)
4. Javier Blanco

image004

image006

image008

image010

image012