1ª Proba do Circuito Galego Open de Surf – Praia de Area Maior (Malpica de Bergantiños)

0
588
Abrese o prazo de inscripción para a 1ª Proba Open de Surf, para o vindeiro fin de semana 13 e 14 de abril. O VENRES 12 CONFIRMARASE O NÚMERO DE INSCRITOS. Lembra que o xoves  as 13:00 horas  é o último día para facela inscripción online mediante a web da F.G.S ademáis daautorización paterna (en caso de ser menor de idade). O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

CAMPIONATO: 1ª Proba Open de Surf Circuito Galego – proba clasificatoria para o campeonato nacional de España 2013.

ORGANIZA: Federación Galega de Surf

COLABORA: Silfo surf club, Coca-cola, Concello de Malpica, Onda, 3Sesenta, TSP.

DATA: 13 e 14 de abril.

LUGAR: Praia de Area Maior en Malpica de Bergantiños.

CATEGORÍAS: Open e Master.

HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 08:30  a 09:00 horas na praia. E ás 09:30 horas aproximadamente comezo da competición.

MODALIDADE: Surf.

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría doados polo concello de Malpica.

PREZO: 

25€  open

25€  Master

INSCRIBETE

 

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 11 de abril as 13:00 horas