Se aplaza O mellor dos mellores y la gala del surf gallego

0
509

Aprázase o Campeonato O Mellor dos Mellores 2013 21/22 de decembro.

Por mor das previsións negativas que presenta o parte para este fin de semana na praia do Orzan (Concello de A Coruña) ca entrada dunha borrasca que establecerá alerta amarela no mar, a dirección  técnica da FGS decidiu aprazar o campionato Mellor dos Mellores para o fin de semana do 21 e 22 de Decembro, co fin de non correr ningun risco para os participantes do evento.

 

Recordolles que durante esta semana se publicará o ranking oficial do Circuito Galego na web www.fgsurf.org  e poderán informarse de quén serán os 8 primieros do ranking que serán convocados para o campeonato galego O Mellor dos Mellores.

 

Organiza: Federación Galega de surf  e Concello de A Coruña

Colabora: The Surfeiros Piratas, TRES25, Coca-cola e 3sesenta.

 

Categorías:

 

Surf open masculino (8 participantes)

Surf open femenino (4 participantes)

Surf Sub. 18 masculino (4 participantes)

Surf Sub. 18 femenino (4 participantes)

Bodyboard Open (8 participantes)

Bodyboard Sub.18 (4 participantes)

Longboard open (8 participantes)

Paddleboards open (4 participantes)

 

Prezo inscripción: 5€

 

Os convocados deben enviar un email a  campeonatos@fgsurf.org coa confirmación de que participarán no campeonato, e deberán abonar a tasa de inscripción no seguinte nº de conta bancaria a nome da Federación Galega de Surf (2080-0567-04-3040003179).

 Aprazamento da Gala do Surf Galego para o día 18 de Janeiro de 2014

 

Sentimos comunicar que a Gala do Surf Galego será aprazada para o día 18 de Xaneiro de 2014. Dadas as datas nas que nos atopamos, tivemos problemas de ubicación entre outros. Polo que o día 18 de Xaneiro se celebrará en A Coruña a Gala do Surf Galego.

 

Compráceme convidalos de novo para esta nova data, pendente aínda de lugar exacto e  horario. Informaremos en breve a localización e o horario a través da nosa web www.fgsurf.org

 

Coma todos os anos, nesta Gala do Surf Galego, premiarase aos campións do Circuito Galego cos mellores premios xa que o merecen, debido ao gran esforzo que fixeron durante toda a tempada 2013. Gustaríanos contar con todos os deportistas, protagonistas do Circuito 2013, con todos os clubes e escolas, adestradores, pais e colaboradores, que fixeron posible o Circuito desta tempada.

 

Esperando reunirnos con todos nesta festa do Surf Galego, o día 18 de xaneiro na cidade de A Coruña.