O domingo día 25 de Novembro levarase a cabo no areal do Faro – Concello de Carnota a 2ª proba open-xuvenil de bodyboard, organizada por la Federación Galega de Surf coa colaboración de Concello de Carnota, TSP, Coca-Cola, 3Sesenta.
Programación:
Domingo Día 25 de Novembro
Lugar: Praia de Faro, Lariño – (concello de Carnota)
Check In: 8:30 horas
Comezo das mangas en función das condicions e mareas
Esta proba será decisiva para ver que vai a cabeza do ranking. Ata o de agora na categoría Open Alex Rico (Ferrol) e o que está a cabeza, seguindolle moi de preto Nico Nieto (Noia). En xuvenil está dando moito que falar polos seus bos resultados Carlos Megino (Vigo) e Bruno Martín (Ferrol). A proba que poñerá o broche final ao circuito de bodyboard será en Valcobo – Arteixo
Para calqueira duda sempre poden contactar coa Federación Galega de surf en campeonatos@fgsurf.org