O noso deporte está íntimamente ligada á sustentabilidade ecolóxica e o respecto polo ambiente. Históricamente as organizacións de surfistas sempre fixeron traballo de limpeza de praias de forma voluntaria e non quería perder a oportunidade de inculcar nos nosos surfistas este modo de vida e os valores que os acompañan ao longo da súa carreira.
Coge3 é unha plataforma para a acción cidadá, que promove a acción voluntaria para recoller 3 residuos (especialmente plásticos) cada vez que imos a unha zona de area ou natural.
Desde a FGS queremos provover entre os espectadores de todas as probas do Circuíto Galego o simple acto de recollida de 3 residuos de area. A maiores, todos os Riders que desexen participar na proba, deberán dirixirse a organización, necesariamente, co mesmo xesto, como parte do seu compromiso e respecto.
O ano pasado cifrouse en 10.000 espectadores totais presentes no circuíto de probas de Galicia. Se puidésemos conseguir que todos eles recollesen 3 residuos de area, un xesto simple, rápido e voluntario pode chegar a unha cifra increíble de 30.000 residuos eliminados do medio natural.
Os gañadores absolutos de cada categoría, ao final de temporada, recibirán unha camiseta ecolóxica e exclusiva de Coge3.