Cronica Campeonato infantil e xuvenil de Razo 2015

0
746

CAMPIONATO XUVENIL SURF E BODYBOARD PRAIA DE RAZO – CIRCUITO GALEGO FEDERACION GALEGA DE SURF

Esta fin de semana disputouse a última proba xuvenil do circuito galego de surf e bodyboard na praia de Razo, concello de Carballo. Na primeira xornada do fin de semana, celebráronse as categorías dos máis cativos en surf, Sub. 12 mixto, Sub. 14 feminino-masculino e as categorías de bodyboard.

Cartel-Razo

O campionato estivo avalado coma sempre polos patrocinios de Abanca, Concello de Carballo, YaTeComeré, Art Surf Camp, Teiron, TSP, entre outros.

O check in realizouse as 9:00 da mañá do sábado con máis de 100 inscritos. As condicións comezaron moi ben, pero ao longo da competición foron decaendo. A pesar diso conseguiuse sacar a proba adiante, e os competidores non deixaron indiferente ao público coas suas manobras. Os instructores das escolas estiveron ao pé do cañón todo o tempo indicándolle aos rapaces as mellores ondas da serie para puntuar o máximo posible. 

os resultados do final desta xornada son os seguintes:

SUB. 12 SURF MIXTO

1. Manuel Fernández de A Coruña (Prado surf escola)

2. Paul Boneil de Vigo (Prado surf escola)

3. Sebastián Baamonde de A Coruña (La Vieja escuela)

4. Jorge Suárez de Vigo (Prado surf escola)

SUB. 14 SURF FEMININO

1. Martina Alvarez de Ferrol (Prado surf escola)

2. Lola Bermúdez de A Coruña (La Vieja escuela)

3. Marta Buján de Ferrol (Prado surf escola)

4. Pilar Viana de Vigo (Prado surf escola)

SUB. 14 SURF MASCULINO

1. Enrique Conde de A Coruña (La Vieja escuela)

2. Pablo Gorgojo de Vigo (Prado surf escola)

3. Alejo Ferreiro de Pontevedra (Prado surf escola)

4. Pedro Suárez de NIgrán (Patos surf escola)

SUB. 16 BODYBOARD

1. Alfonso Argibay de Vigo (Patos surf escola)

2. Raúl Vila de Vigo (Patos surf escola)

3. Bruno Martín de Ferrol (The Camp Doniños)

4. Andrés Miranda de Ferrol (The Camp Doniños)

SUB. 18 BODYBOARD

1. Bruno Martín de Ferrol (The Camp Doniños)

2. Juan Sande de Ferrol (Valdoclub)

3. Alvaro Golpe de Ferrol (Valdoclub)

4. Carlos Megino de Vigo (Patos surf club)

Na última xornada, comezamos co check in as 8:30 do domingo coas categorías restantes da competición, Surf Sub. 16 e Sub. 18 feminino e masculino. As condicións de mar non eran as máis adecuadas pero foron salvando a competición. A 13:30 fixose un pequeño parón para comer e descansar, aproveitando que a marea estaba chea.

Os resultados finais desta xornada foron os seguintes:

SUB. 16 SURF FEMININO

1. Isabel Gundín Pérez de Ferrol (The Camp Doniños)

2. Monica Pintos de Ferrol (The Camp Doniños)

3. Celia Luz de Pontevedra (Riders surf school)

4. Gabriela Serna de A Coruña (La vieja escuela)

SUB. 16 MASCULINO

1. Borja Malvar de Vigo (Prado surf escola)

2. Enrique Conde de A Coruña (La Vieja escuela)

3. Carlos Vázquez de A Coruña (La Vieja escuela)

4. Jose Diogo de Nigrán (Patos surf escola)

SUB. 18 FEMININO

1. Cristina Iglesias de Vigo (Prado surf escola)

2. Isabel Gundín Pérez de Ferrol (The Camp Doniños)

3. Mónica Pintos de Ferrol (The Camp Doniños)

4. Celia Luz de Pontevedra (Riders Surf school)

SUB. 18 MASCULINO

1. Alvaro Froján de A Coruña (La Vieja escuela)

2. Leo Zambrano de Vigo (Prado surf escola)

3. Juan Fernández de A Coruña (Prado surf escola)

4. Pedro Manso de A Coruña (La vieja escuela)

Agradecer a todos os competidores, pais, patrocinadores e demáis colaboradores por facer esto posible. Durante a semana publicaranse os resultados finais do circuito desta tempada. Quen serán os campións deste ano???