

O Luso Galaico 2013 “Centro de Mar, financiado polo «ON.2” O Novo Norte” (Programa Operacional Rexional do Norte), intégrase plenamente nun dos obxectivos do CAR Surf, importante infraestrutura, recentemente aberto ao público que pretende presentar respostas eficaces ás necesidades da comunidade surfista de todo o Noroeste Peninsular.
As inscricións no XV Luso Galaico están abertas até á próxima quinta feira (16 Maio) a través do Website do Surf Club de Viana – www.surfingviana.com
SCV continúa empeñado na divulgación da rexión
O próximo día 25 de maio, o CAR de Surf de Viana do Castelo vai ser escenario do Portuguese Surf Film Festival ”Viana 2013, subordinado ao tema Alquimia. Nel serán exhibidas catro producións independentes, premiadas en 2012 nas categorías de “Mellor Filme Portugués”, “Mellor Curta”, “Mellor Filme de Surf” e “Máis Sustentábel”. A entrada é gratuíta.
Destaque tamén para o resultado da atleta do club vianense, Filipa Fernandes, gran vencedora da 2ª etapa do Circuíto Nacional de Bodyboard Esperanzas, en Sub 18, disputada no inicio deste mes na Ericeira.
Boas Ondas! Mellor Surf!
Mais información en: (+351) 919 582 512 | (+351) 962 672 222