4ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de Razo

0
921

ESTADE ATENTOS AS NOVAS, DEPENDENDO DAS CONDICIÓNS O CAMPIONATO PODERÁ SER APRAZADO!!!

 

O vindeiro fin de semana 7-8 de Novembro, celebraráse a 4º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Razo – Carballo. As  inscricións pechan o xoves día 5 de Novembro as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade  enviar a autorización paterna da nova tempada 2015  (aqueles que aínda non o fixeran).

 

O venres publicarase un horario provisional na web  www.fgsurf.org 

Cartel-Razo 

CAMPIONATO: 4º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba puntuable para o Circuíto Galego. Proba clasificatoria para o campionato nacional.

 

ORGANIZA: Teiron Surf Club e Federación Galega de Surf.

 

COLABORA:  Teiron Surf Club, ABANCA,  TSP (The Surfeiros Piratas), Ya Te Comeré, O’Neill, Machete Company, 3sesenta,  Shark,  Pure & Company, Foam, Snappers Surf, Mission, Dunes,  New Wave, Oxígeno Surf Shop, as Surf Shop, Novalbos, Kannion, Zorlak, coge3, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación de Pontevedra, Concello de  Carballo.

 

DATA:  7-8,  Novembro.

LUGAR: Praia de Razo – Carballo (Coruña).

HORA: O venres publicarase en www.fgsurf.org

 

CATEGORÍAS:

 

SURF:

sub. 12.(mixto)

sub. 14 (masculino – feminino)

sub. 16 (masculino – feminino)

sub. 18 (masculino – feminino)

 

BODYBOARD:

bodyboard sub. 16 

bodyboard sub. 18

 

PREZO:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS*

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

 

 

INSCRÍBETE ONLINE

 

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS PARA CAMPEONATO: XOVES 23 DE ABRIL  ATA AS 13.00 HORAS

 

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.