2ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard Praia de Patos

0
605

O vindeiro fin de semana 25-26 de abril, celebraráse a 2º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Patos – Nigrán. As  inscricións pechan o xoves día 23 de abril as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade  enviar a autorización paterna da nova tempada 2015  (aqueles que aínda non o fixeran).

O venres publicarase un horario provisional na web  www.fgsurf.org 

CAMPIONATO: 2º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba puntuable para o Circuíto Galego. Proba clasificatoria para o campionato nacional.

ORGANIZA: Prado Surf Club e Federación Galega de Surf.

COLABORA:  Prado Surf Club, ABANCA,  TSP (The Surfeiros Piratas), Ya Te Comeré, O’Neill, Machete Company, 3sesenta, Alumisel, Shark, Waira, Pure & Company, Foam, Snappers Surf, Mission, Dunes,  New Wave, Oxígeno Surf Shop, as Surf Shop, Novalvos, Kannion, Zorlak, coge3, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación de Pontevedra, Concello de  Nigrán.

DATA:  25-26 abril.

LUGAR: Praia de Patos – Nigrán (Pontevedra).

HORA: O venres publicarase en www.fgsurf.org

CATEGORÍAS:

SURF:

sub. 12.(mixto)

sub. 14 (masculino – feminino)

sub. 16 (masculino – feminino)

sub. 18 (masculino – feminino)

BODYBOARD:

bodyboard sub. 16 

bodyboard sub. 18

PREZO:

15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS*

25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*

* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.

INSCRIBETE ONLINE

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS PARA CAMPEONATO: XOVES 23 DE ABRIL  ATA AS 13.00 HORAS

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.