ESTADE ATENTOS AS NOVAS, O MÉRCORES CONFIRMARASE O CAMPIONATO, DEPENDENDO DAS CONDICIÓNS !! En caso de ser aprazado rembolsarase a inscripción
O vindeiro fin de semana 14-15 de Maio, celebraráse a 1º proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Patos – Nigrán. As inscricións pechan o xoves día 12 de Novembro as 13 horas. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. Recordade enviar a autorización paterna da nova tempada 2016http://fgsurf.org/federacion/
O venres publicarase un horario provisional na web www.fgsurf.org
CAMPIONATO: 1º Proba Circuíto Galego infantil e xuvenil de surf e body. Proba puntuable para o Circuíto Galego. Proba clasificatoria para o campionato nacional.
ORGANIZA: Prado Surf Club e Federación Galega de Surf.
COLABORA: ABANCA, TSP (The Surfeiros Piratas), Ya Te Comeré, 3sesenta coge3, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Concello de Nigrán.
DATA: 14-15, Maio.
LUGAR: Praia de Patos – Nigrán (Pontevedra).
HORA: O venres publicarase en www.fgsurf.org
CATEGORÍAS:
SURF:
sub. 12.(mixto)
sub. 14 (masculino – feminino)
sub. 16 (masculino – feminino)
sub. 18 (masculino – feminino)
BODYBOARD:
bodyboard sub. 16
bodyboard sub. 18
PREZO:
15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS*
25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*
* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS PARA CAMPEONATO: XOVES 12 DE MAIO ATA AS 13.00 HORAS
Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.